Mel vs Azucre
No momento de adozar unha infusión ou darlle sabor a unha sobremesa, moitos preguntámonos cal das dúas opcións é máis conveniente: ¿azucre ou mel?. Ambos produtos conteñen cantidades elevadas de azucres. Porén, existen certas propiedades que marcan a diferenza entre o azucre branco que usamos máis habitualmente e o froito creado polas abellas: o mel. Mostrámosche en que se distinguen para que poidas saber cal dos dous é máis saudable. En primeiro lugar, a diferenza é a proporción de azucres, xa que o azucre é 100% sacarosa. O mel, pola contra, está composto por un 80% de azucres simples e o 20% restante por auga. O seu aporte calórico é similar. Pero hai unha diferenza clave xa que o mel apórtanos máis adozamento con menos cantidade de produto.
Por outro banda, a sacarosa só nos dá calorías baleiras. Debido a que, excepto os hidratos de carbono, o resto de micronutrientes son moi escasos e non representan un aporte importante para o organismo. En cambio, o mel non só nos aporta menos calorías senón que tamén contén máis micronutrientes e en maiores cantidades có azucre. Estes apórtannos calcio, magnesio, potasio, fósforo, ácido fólico e vitamina C. Ademais de outras vitaminas do complexo B en escasas cantidades. O mel tamén é un bo antioxidante e ten efecto expectorante, o cal favorece o tratamento de arrefriados, tose ou outras infeccións respiratorias. Por todo isto, parece claro que susbtituír o azucre polo mel é un bo recurso diétetico para colaborar cunha alimentación máis saudable e nutritiva, sen ningún tipo de aditivo.