As vantaxes do queixo fresco

27.04.2015 09:19

Sempre escoitamos que o queixo engorda moito e que nunca é un alimento recomendado nas dietas de adelgazamento. Iso é certo xa que a maioría dos queixos conteñen alta doses de ácidos graxos de orixe animal, pero existe un tipo que é todo o contrario; o queixo fresco. Está elaborado a base de leite de ovella. Iso implica que o contido graxo é máis baixo. É lixeiro e apetecible, o que o converte nun bo aliado para as dietas hipocalóricas e na alimentación en persoas que realizan deporte habitualmente, debido a que teñen unha alta cantidade de proteínas como todos os produtos derivados do leite. Contén un mínimo de graxas; 7%. Non podemos esquecer que esta variedade de leite contén ácido linolénico, máis coñecido como CLA que axuda a reducir a graxa que hai no noso organismo aumentando o gasto de enerxía e a combustión de graxas. Este queixo tamén é un bo aliado para manter o noso peso e evitar a acumulación de graxas nas arterias que nos poden provocar enfermidades cardiovasculares. Apórtanos altas doses de vitaminas (a,b,c) e minerais que son importantes para manter uns tecidos corporais en perfectas condicións. Tamén o aporte proteico converte ao queixo fresco nun alimento ideal en épocas de crecemento como en dietas nas que se busca un aumento da masa muscular, xa que contén entorno a 7g de proteínas por cada 1000. Debémoslle sumar o seu baixo aporte calórico que unicamente nos ofrece 100 calorías por cada 100g de produto. 

Receita para que comecedes a saborear as súas vantaxes

 

▪ Caseiro ▪ Dificultade: Fácil  ▪ Coste: baixo ▪ Calorías: media ▪ Comensais: 4 ▪ Elaboración en 15 minutos                                     

    Ingredientes para 4 comensais: 

            1 tarro de queixo  fresco (500 g.)  1 paquete de galletas María 

            1 bote de piña en almíbre               Compota de piña▪ Manteiga

 

1. Trituramos as galletas e engadimoslle a manteiga derretida (tanta como necesiten).

2. Cortamos porcións de piña en anacos máis pequenos e mesturámolos co queixo, tamén engadímoslle un pouco do almíbre (a ollo). Batemos coa axuda dunhas varillas ata que forme unha crema uniforme.

3. Poñemos a compota nun recipiente que se poida meter no microondas e derretémola un pouco para que tome unha consistencia máis líquida.

 

E para unha bonita e orixinal presentación, podedes utilizar un vaso:

Poñemos unha capa de galletas e unha capa de queixo batido. Despois un pouco de compota de piña e o resto do batido de queixo. E por último adornamos este deliciosa sobremesa cun pouco de compota e anacos de piña.