As cifras asustan "diabetes"
Aproximadamente 21 millóns de estadounidenses de 20 ou máis anos están diagnosticados de diabetes e máis de 40 millóns están en situación previa a sufrir esta enfermidade, o que supón que se duplicou o número de persoas neste país con cifras de azucre por enriba do saudable. Unha situación parecida, está a vivir tanto España como o resto do mundo.
A prevalencia da diabetes no mundo supón que 360 millóns de persoas sofren a enfermidade, segundo os datos de 2011, e delas máis do 95% tiña diabetes tipo 2, a vinculada ao estilo de vida e aos hábitos nutricionais. Cálculase que a cifra alcanzará os 552 millóns no ano 2030 e que a metade das persoas descoñecerán o seu diagnóstico. Por se iso non fora pouco, calcúlase que outros 300 millóns de persoas teñen características que indican risco de sufrir este problema no futuro segundo informa a sociedade europea de cardioloxía en guías sobre diabetes, prediabetes e enfermidades cardiovasculares.
Outro estudo realizado por investigadores da escola Bloomberg de saúde pública na universidade Johns Hopkins (Baltimore, EEUU), analiza como foi o aumento deste trastorno metabólico nas últimas décadas neste país e polo que sinalan no seu estudo, publicado na revista Annals of Internal Medicine, a diabetes e a prediabetes aumentou dun 6% a un 10% nas pasadas dúas décadas. Situación na que os niveis de azucre no sangue son elevados, -aínda que non o suficiente como para establecer un diagnóstico- pasou dun 12% a un 30%. Hai unha crecente necesidade de recoñecer este grave problema, especialmente porque a maioría dos casos de diabetes pódense previrse coa pérdida de peso e outros cambios no estilo de vida.
A obesidade e os malos hábitos están detrás deste aumento de casos. Os expertos aconsellan reducir a inxesta total de graxas e substituír as saturadas polas insaturadas presentes no aceite de oliva froitos secos e aumentar o consumo de froitas, hortalizas, legumes, cereais integrais e reducir tamén o consumo de sal e azucre.